Exame sistema nervioso e endocrino, tedes o que entra no calendario de tareas (páxina web do instituto) accede premendo a este vínculo:

EXAME NERVIOSO E HORMONAL 3º ESO A.

ou tamén nesta páxina da wiki: CONTIDOS EXAME NERVIOSO E HORMONAL 3º ESO.

Recórdovos que tedes aberto o proxecto para cuantificar as intelixencias e que o tedes que completar esta semana.

proxecto intelixencias múltiples.


Accede á túa páxina do proxecto intelixencias múltiples dende o enlace que tes no menú da parte lateral dereita. Completa os dous exercicios que se plantean: ordena as 'túas' intelixencias; valora dende o túa experiencia estas intelixencias de 1 a 10.

VIDEOS NOVAS

Nesta páxina imos ir subindo os vídeos completos (ou non) das novas que ides expoñendo.
Xa hai catro videos. O último de xabier e iván esperando por algún máis para ser completado.


Evernote.


Acabo de compartir con todos vos unha libreta de evernote chea de artigos para elixir. Acepta esta nova libreta e se cargará no teu caderno, se queres engadir algún artigo novo podes facelo e inmediatamente sincronizarase con todos os que compartimos esta libreta.

EXPOSICIÓN DE NOVAS.


VIDEO PROBA DA EXPOSICIÓN: Nesta páxina podedes comprobar o resultado do traballo de exposición da nova científica.
Para ver a lista de artigos elixidos vai a: LISTA DE ARTIGOS
Novo proxecto: EXPOSICIÓN DE CONTIDOS, ACONTECEMENTOS, CRÓNICAS, COMENTARIOS E NOVAS CIENTÍFICAS.
Ten como obxectivo aumentar o grado de competencia expositiva dos coñecementos adquiridos e paralelamente aumentar a comprensión dos mesmos.
A destreza coa que expoñemos contidos pode mellorar coa práctica. Iso é o que imos facer con este proxecto: Preparar unha nova científica e preparala para finalmente expoñela.
Usaremos fontes de información en internet e aplicacións que nos axudaran moito neste traballo
O guión de traballo está aclarado na páxina de exposición de novas científicas.
Iremos dando pasos progresivos que se indicarán nas páxinas dos proxectos ata un resultado final.
Entra na túa páxina de proxecto e comeza a tarefa.


Dieta equilibrada.

  • Táboa de valores nutricionais dos alimentos. Nesta páxina tamén se che explica como tes que facer a actividade desta fin de semana (10, 11 e 12 de xaneiro).
  • Está aberto o proxecto para apuntar o reparto de alimentos dun día, entra na túa páxina do proxecto DIETA (no menú da dereita) e complétao.

O SISTEMA INMUNOLÓXICO

A CÉLULA




O CURSO (instrumentos, procedementos de avaliacíon e criterios de cualificación)