(volver á páxina de inicio)

Instrumentos de avaliación 3º de ESO

Probas escritos.
Probas orais e expositivas.
Caderno de campo.
Documentos de actividades.
Fichas.
Asistencia e implicación en actividades.



Procedementos de avaliación de 3º de ESO

En cada trimestre haberá unha o máis probas escritas sobre os contidos da materia atendendo ao cumprimento dos criterios de avaliación

Durante o curso se irán realizando actividades e prácticas que irán recollidas nos correspondentes documentos e fichas que serán avaliados segundo a ponderación recollida nos criterios de cualificación

Ao final de curso teranse en conta as cualificacións nas probas escritas, dos documentos das prácticas e da realización dun caderno de campo, así como a implicación en actividades relacionadas coa materia.


Criterios de Cualificación de 3º ESO

Ao final de curso, para calcular a nota da avaliación ordinaria de xuño, teranse en conta os seguintes pesos no calculo da mesma.

Notas das probas escritas durante o curso. ....................................................70%
Nota da cualificación do caderno de campo realizado durante o curso.......... 10%
Nota das probas prácticas propostas durante o curso ................................. 10%
Implicación en actividades relacionadas coa materia ................................... 5%
Actitude (especialmente atendendo ao grao de implicación nas diferentes
actividades, a puntualidade e presentación dos traballos) .............................. 5%

A nota extraordinaria de setembro calculase tendo en conta unha proba escrita sobre todos os contidos da materia de 3º de ESO. A nota desta proba ten un peso do 100% sobre a cualificación de setembro.