(volver á paxina de inicio)

PROXECTO:

EXPOSICIÓN DE CONTIDOS, ACONTECEMENTOS, CRÓNICAS, COMENTARIOS E NOVAS CIENTÍFICAS


OBXECTIVO:
Un dos obxectivos da educación é a de aumentar o grado de competencia expositiva dos coñecementos adquiridos.
Isto conseguese en atención a varios factores:

Un bo coñecemento dos conceptos, vocabulario e ideas que se queren transmitir.
Un bo comportamento ou actitude ante a exposición destes coñecementos.
A axilidade e competencia persoal ante a exposición oral.

Todos estes factores podemos melloralos coa práctica.

Iso é o que imos facer con este proxecto:
  • Preparar unha nova científica.
  • Exposición da nova.

Para a preparación da nova utilizaremos as fontes que temos a nosa disposición en internet:
Algunhas interesantes e accesibles son:
  • Nas páxinas dos principais xornais dixitais hai seccións científicas actualizadas:
    • www.elpais.com seccións de ciencias, saúde e medio ambiente
    • www.elmundo.com seccións de ciencias e saúde.
    • https://news.google.es/news/ Dentro das aplicacións que ten google, hai unha que é de noticias, se vas a este enlace (outra forma de entrar é ir a google e na parte superior dereita abres o menú das aplicacións e xa ves noticias) na aplicación das noticias hai un menú a esquerda cunha lista de temas. Elíxes 'Ciencia y tecnología' e alí buscas unha nova sobre un tema. (intentan non escoller novas de informática a non ser que sexan moi interesantes, por exemplo un exemplo de nova interesante relacionada coa informática é a de google e as lentes de contacto).
    • http://www.nationalgeographic.es/
    • http://www.microsiervos.com/


Conforme avance o proxecto iremos ampliando a lista.

O procedemento está resumido nos seguintes puntos.
  1. Elixir unha nova de interese.
  2. Gardala en evernote despois de modificala con evernote clearly.
  3. Apuntar os conceptos e vocabulario que non se coñeza e escribilos na páxina do proxecto.
  4. Resolver estas dúbidas.
  5. Preparar un guión para a exposición
  6. Exposición
  7. Edición da exposición
  8. Publicación da exposición.

IR A LISTA DE ARTIGOS

TAREA PARA O PRÓXIMO DÍA. (OS PUNTOS 1 A 3 DO PROCEDEMENTO)
Os enlaces que puxéchedes aquí xa están nas vosas páxinas do proxecto.