(volver á páxina de inicio)

Número de células nun organismo pluricelular

Se dividimos o volume do organismo entre o volume dunha célula obtemos o número de células que caben nese organismo e polo tanto, a solución.

Volume dun obxecto grande / volume dun obxecto pequeno = número de pequenos que caben no grande.

Pasado este razoamento ao noso problema:

Volume dun organismo (obxecto grande) / volumen celular (obxecto pequeno) = número de células que caben no organismo.

external image 3.2.1.Cubo-dm3.png
Neste cubo de 1 decímetro cúbico caben 1000 cubos de 1 centímetro cúbico.
En cada arista (lonxitude) hai 10 cubos (1 decímetro son 10 centímetros).
En cada cara (superficie) hai 100 cubitos = 10 X 10 =10E2. 1 dmE2 contén 100 cmE2.
No volume hai 1000 cubos = 10 X 10 X 10 = 10E3. 1 dmE3 contén 1000 cmE3.

Para calcular o número de células que hai nun organismo teño que poñer o volume do organismo divido entre o volume das células nas mesmas unidades. Resolvo e teño o número.

O volume do organismo calcúlase considerando o que nos di da auga e sabendo que un kilogramo ocupa un dmE3 (ou o que é o mesmo un litro, pero esta unidade de medida non nos vale). Se o organismo pesa 60 kg e tendo en conta o anterior, calculo inmediatamente o volume = 60 dmE3.

Agora calculo o volume das células:

Cada célula ten 10 micras de lado polo que para calcular o volume fago como no exemplo de arriba e teño o resultado en micras cúbicas.

Seguidamente teño que pasar tamen o volume do organismo a micras cúbicas, cantas micras cúbicas son 60 dmE3.

Volume do organismo en micras cúbicas / volume das células en micras cúbicas =número de células nun organismo.
E xa teño o resultado que ten bastantes ceros.

SOLUCIÓN DO PROBLEMA CON TODOS OS DATOS (resolta por algun voluntario que tamén debe por o planteamento desta solución):