No sangue hai varios tipos de células sanguíneas, das indicadas aquí cales son as menos numerosas:
a- Os eritrocitos
b- Os trombocitos
c- Os Linfocitos
d- Os neutrófilos
A c (linfocitos) porque ao non estar enfermos non producimos tantos.
(correcto pero non é por iso)
A c porque en caso de ter unha inflamacion no corpo o seu tamaño aumenta e en caso de que o nivel disminua quere decir que temos un problema na producciona da medula osea que e onde naces, por iso son os menos abundantes porque poden variar o tamaño (segue estando correcto)


A eficacia da vacina está baseada:
a- na capacidade dos linfocitos de adquirir memoria inmunolóxica
b- na capacidade da vacina de eliminar aos virus causantes da enfermidade.
c- na capacidade do individuo de gardar os compoñentes da vacina no seu corpo para sempre.
A a) porque os linfocitos se enfrentan a vacina e cando a enfermidade volva a aparecer recordan como loitar contra ela.
(correcto)

Unha intoxicación pode deberse a:
a- un axente patóxeno
b- unha anomalía cromosómica
c- un veleno
d- unha mutación
A c) (veleno) porque as intoxicación se producen pola ingesta dunha substancia química perxudicial (exemplos: conserva en mal estado, cogomelo velenoso...)
(correcto)

Cal destas enfermidades non está producida por un axente patóxeno:
a- tuberculose
b- cancro
c- malaria
d- gripe
A correcta é a b (cancro) xa que se produce pola división incontrolada dunha célula, non por un axente patóxeno.
(correcto)

Cal destes organismos é maís pequeno:
a- fungos
b- virus
c- bacterias
d- lombrigas intestinais
A b (virus) porque son partículas acélulares e incluso precisan dunha célula para se reproduciren.
(correcto)


A reacción inflamatoria é:
a- Unha defensa do sistema inmunolóxico que non depende do axente patóxeno.
b- unha resposta inmunitaria xeral do corpo.
c- unha forma de defensa específica baseada nos linfocitos
A a) porque non depende da natureza do axente patóxeno, e é unha resposta non específica do sistema inmunitario.
(correcto é ademais non é xeral é local)


A hemoglina:
a- é unha célula sanguínea que transporta osixeno
b- é unha proteína que transporta osíxeno
c- é a substancia que producen os linfocitos
A b) porque a hemogobina é unha proteína dos globulos vermellos (célula que se encarga do transporte de osíxeno)
(correcto)


Un transplante entre un pai que dona a un fillo é un:
a- autotransplante
b- isotransplante
c- alotransplante
d- xenotransplante
A b) porque comparten código xenético.
(incorrecta)
A c) pois aínda que é un trasplante entre familiares, non son xeneticamente idénticos se non que son parecidos.
(correcto)


Unha célula propia que perdíu a control da división celular é:
a- anticorpo
b- infecciosa
c- canceríxena
d- antixénica
A c) porque o cancro consiste na división incontrolada dalgunha célula polo tanto o seu nome é canceríxena.
(correcto)

Cal destas medidas sería a menos saudable:
a- durmir máis de 6 horas.
b- comer, sobre todo, ao mediodía.
c- almorzar todos os días
d- facer exercicio o martes, xoves e sábados.
A b) porque cando realmente teriamos que obter máis nutrintes é no almorzo.
(correcto, aínda que é certo que a comida máis forte do día é a da mediodía, o almorzo tamén ten que ser importante e non deixar todo para o mediodía)

Os macrófagos proveñen dos:
a- linfocitos
b- monocitos
c- granulocitos
d- fagocitos
A b) (monocitos) porque ao trasladarse a outros tecidos se transforman en macrófagos, con capacidade de fagocitose.
(correcto)

Os antibióticos son:
a- substancias que matan bacterias
b- axentes fisicos contras as enfermidades
c- substancias que matan virus
d- desinfectantes para esterilizar
A a) porque os microorganismos ou os elementos químicos que conteñen matan ás bacterias ou inhiben o seu crecemento.
(correcto, os antibióticos son substancias que matan as bacterias)

En 1983 en Nixería apareceron miles de casos de malaria. Tratouse dunha:
a- epidemia
b- pandemia
c- endemia
d- a e b son correctas
e- a e c son correctas
f- b e c son correctas
g- a, b e c son correctas.
e) : Epidemia porque foi nun número elevado de poboación; Endemia porque foi dentro dun só país.
(correcto)

O plasma é:
a- un tipo de célula sanguínea
b- unha disolución acuosa con células sanguíneas
c- un disolución acuosa con fibrinóxeno
d- unha disolución acuosa sen proteínas.
b) porque é o compoñente líquido do sangue e o sangue contén tamén células.
(incorrecta)
É a c) pois é unha disolucón que forma parte do sangue e está formada maioritariamente por auga pero tamén por proteínas entre as que está o fibrinóxeno.
(correcto a b non podía ser porque o plasma é o líquido do sangue sen células)


O medio interno é:
a- O liquido que hai dentro das células.
b- Un sinónimo do sangue.
c- Os liquidos extracelulares do corpo.
d- Onde se realizan todas as reaccións do metabolismo celular
É a c) .pois o medio externo está formado polo líquido intersticial da matriz intercelular e os líquidos circulantes como o sangue ou a linfa que son líquidos extracelulares.
(correcto)

Un mosquito que contaxia unha enfermidade é:
a- un vector
b- un axente patóxeno
c- un antíxeno
d- un parásito macroscópico
A a) pois é un animal que non vive na superficie do noso corpo nin nas cavidades internas se non que se limita unicamente a transmitirnos unha enfermidade.
(correcto)

Un irmán dona un órgano a outro irmán, este transplante podería ser un:
a- autotransplante
b- isotransplante
c- alotransplante
d- xenotransplante
e- a ou b
f- a ou c
g- b ou c
h- c ou d
O c) pois o autotrasplante non pode ser xa que non se transplanta o seu órgano , o isotrasplante tampouco xa que para iso terían que ser identicamente xenéticos ,é decir xemelgos , e o xenotrasplante tampouco porque tería que recibir o órgano doutra especie diferente.A c) si que pode ser debido a que o órgano é trasplantado dun ser da mesma especie pero que non é xenticamente idéntico aínda que si se intenta buscar un doador o máis parecido xeneticamente .
(incorrecta)
A f) pois podería ser tanto o alostrasplante ou o isotransplante pois non especifica que os irmáns son xemelgos ou non.
(correcto)

Para previr enfermidades, cal destas medidas non é correcta.
a- controlar os alimentos
b- vacinarse
c- tomar antibióticos
d- desinfectar a auga
A c) non é correcta pois o uso dos antibióticos sen ser necesario matará bacterias que para nós son beneficiosas xa que non hai presentes bacterias dañinas contra as que actuar.Ademais o seu uso excesivo é o que produce a aparcición de microorganismos resistentes a eles.
(correcto, tómanse antibióticos cando se está enfermo, tratamento, non para previr enfermidades)

Cal destas substancias únense aos antíxenos
a- fibrina
b- antibióticos
c- vacinas
d- anticorpos
A d) pois os antíxenos únense aos anticorpos contra os que desencadean unha resposta inmunitaria específica.
(correcto, pero a frase está mal construída, tes as substancias ao revés ¿?)
A d) pois os anticorpos peganse os antixenos e desencadean unha resposta inmunitaria especifica
(correcto e ben construída)

Que protexe aos bebes recén nados.
a- a inmunidade activa natural
b- a inmunidade pasiva natural
c- a inmunidade activa artificial
d- a inmunidade pasiva artificial
A b) pois os bebés cando nacen teñen presentes no seu organismo os anticorpos que súa nai lle transmitiu a través do feto.
(correcto)

A falta de vitaminas pode producir unha enfermidade
a- dexenerativa
b- intoxicación
c- conxénita
d- nutricional
A d) pois a falta de vitaminas produce o escorbuto que é unha enfermidade nutricional.
(correcto)

Un erro xenético pode ser unha causa:
a- interna de enfermidade
b- externa de enfermidade
c- física de enfermidade
d- infecciosa de enfermidade
A a) . É unha causa interna pois é herdable como o daltonismo.
(correcto)

Os leucocitos granulocitos son os que:
a- producen anticorpos
b- coagulan o sangue
c- se tinguen con colorantes específicos
d- producen antíxenos
A c) pois ao ter granulacións no seu citoplasma manifestan distintas afinidades polos colorantes.
(correcto)

Cales destas células non teñen núcleo:
a- eritrocitos
b- linfocitos
c- plaquetas
d- basófilos
e- a e b
f- a e c
g- b e d
A c) pois as plaquetas non son células completas se non que son fragmentos celulares e polo tanto non teñen núcleo.
(incorrecta)
A f) son tanto as plaquetas que ao ser fragmentos celulares non teñen núcleo pero tamén os eritrtocitos que ao captar o osíxeno no aparato respiratorio e ao liberalo en todos os tecidos ademais de participar no transporte do dióxido de carbono perden o núcleo.
(correcto)

Cales destas estruturas son barreiras físicas contra os microorganismos:
a- os anticorpos
b- as mucosas
c- os antíxenos
d- as vacinas
e- o sangue
A b) pois o sangue pode actuar como medio de transporte,as vacinas actúan antes de que o microorganismo estea presente ,os antíxenos son as moléculas extrañas e os anticorpos non actúan como barreira se non que os eliminan.
(correcto, imaxino que os anticorpos eliminan aos antixenos)

Cal ten máis probabilidade de rechazo dos seguintes transplantes
a- De pel do mesmo individuo
b- De ril entre un fillo e un pai
c- De fígado entre dous irmáns xemelgos
A b) pois o autotrasplante da pel non debería resultar extraño para o corpo polo que non debería rexeitalo e no transplante de fígado entre xemelgos , éstes son xeneticamente idénticos así que tampouco se debería producir un rexeitamento.Sen embargo, pai e fillo non son xeneticamente idénticos , se non parecidos,así que existiría probabilidade de rechazo. (correcto)


Cal destas epidemias terá máis afectados.
a- Endemia
b- Pandemia
c- En diferentes casos pode ser unha ou outra.
A c) pois todo depende da superficie do país ,do número de habitantes e tamén da facilidade de contaxio da enfermidade polo que pode ser calquera das dúas. (correcto, efectivamente se refiren a distribución da epidemia, a endemia nun só pais, a pandemia en todo o mundo, non ao número de casos)


Cal destas vías sería de contaxio directo
a- beber auga insalubre
b- por un bico
c- que che pique un bicho
d- polo aire
A b) por un bico xa que en calquera dos outros casos existe un medio físico de por medio entre o enfermo e o que vai ser afectado máis tarde.
(correcto)

Na esclerose múltiple imos perdendo pouco a pouco as función vitais, segundo isto esta enfermedade sería:
a- infecciosa
b- traumatismo
c- mental
d- dexenerativa
A d) pois na esclerose múltiple vanse dexenerando ou avellantando os órganos polo que se perden pouco a pouco as funcións vitais.
(correcto, unha estrutura do tecido nervioso)

Cal destas células sanguíneas podemos atopala fóra do sangue
a- linfocito
b- macrófago
c- eritrocito
d- monocito
A d) xa que son os monocitos os que se trasladan a outros tecidos onde se converten en macrófagos.
(incorrecto, segundo o teu razoamente tes que chegar a outra conclusión)
A b) os macrófagos xa que son células do sistema inmunitario que están nos tecidos.
(correcto)

Cales compostos de sangue non son proteínas
a- albúmina
b- anticorpos
c- fibrina
d- eosinófilo
e- hemoglobina
A d) pois o eosinófilo é un granulocito (tipo de célula sanguínea) que se tinxe con colorantes ácidos e participa no mecanismo de defensa fronte aos parásitos.
(correcto)

Que factor non corresponde coa reacción inflamatoria
a- formación de anticorpos
b- inchazón
c- pus
d- aumento do rego sanguíneo
A a) xa que a formación de anticorpos non se corresponde a unha reacción inflamatoria se non a unha defensa específica.
(correcto)


Cal desta inmunidades ten memoria inmunolóxica
a- inmunidade pasiva natural
b- inmunidade activa natural
c- inmunidade pasiva artificial
d- inmunidade activa artificial
e- as dúas pasivas
f- as dúas activas
g- as dúas naturais
h- as dúas artificiais
A f) pois tanto na natural (que se consegue a inmunidade tras o contacto cun axente patóxeno) como na artificial (que se consegue a inmunidade a través da vacina) teñen memoria inmunolóxica pois se a persoa con calquera das dúas inmunidades se volvese expoñer ao mesmo antíxeno produciríase unha segunda resposta máis rápida e eficaz..
(correcto)

Cal destes factores non se inclúe na definición de saúde.
a- Benestar físico
b- Benestar económico
c- Benestar social
d- Benestar mental
A b) . O benestar económico non é necesario para ter saúde pois por moi rico que sexas se non estás ben fisica , social e mentalmente perdes a saúde para pasar a estar enfermo.
(correcto, pero corrixe o razoamento que se che colou unha palabra incorrecta)

Que provoca o uso excesivo de antibióticos.
a- Previr enfermedades infecciosas
b- Curar enfermedades víricas
c- A resistencia nos microorganismos
d- Malnutrición.
A c) pois co uso excesivo de antibióticos aparecen microorganismos que se resisten aos anticorpos que produce o antibiótico.
(correcto, pero a parte final do razoamento non está ben)


Cal destas células terías a certeza de que non se tinguiría con colorantes ácidos.
a- un granulocito
b- un linfocito
c- un leucocito
d- un eosinófilo
A b) pois o linfocito é un agranulocito e polo tanto non mostran afinidade por ningún tipo de colorantes.




Cal destas estruturas non estaría no medio interno
a- un eritrocito
b- o coláxeno
c- os lisosomas
d- os nutrintes
a b) pois o coláxeno é o único das catro respostas que non se encontran nos líquidos extracelulares se non que forma parte do tecido.


Que non transporta o sangue
a- hormonas
b- CO2
c- calor
d- citoplasma
O c) porque non transporta a calor senon que a regula.
(incorrecto, acabo de quitar a palabra substancia da pregunta para que quede máis claro ¿?)

Que proteína non debería existir nun individuo totalmente sano.
a- albuminas
b- fibrina
c- hemoglobina
d- fibrinóxeno
A b porque hai persoas enfermas que cando teñen unha ferida a sangue non coagula xa que non teñen esa proteína
(correcto pero non é por iso, e porque a fibrina aparece cunha ferida aberta, para coagular o sangue e que non saia por ela, e se tes unha ferida aberta xa non estás completamente sano como dí a pregunta)

Que células do sangue fan a fagocitose
a- linfocitos
b- macrófagos
c- neutrófilos
A b) pois os macrófagos teñen gran capacidade de fagocitose,é decir de inxerir e destruír.
Que estrutura ou proceso non forma parte do sistema inmunitario
a- antíxenos
b- linfocitos
c- a pel
d- a reacción inflamatoria
A b) porque os linfocitos producen un tipo de anticorpos que se unen de forma altamente específica aos antíxenos.
(incorrecto)
A a) pois os antíxenos son substancias extrañas que invaden o noso organismo e o sistema inmunitario trata de protexernos destes antíxenos.

O bullying, que tipo de benestar rompería
a- benestar físico
b- benestar mental
c- benestar social
O c) xa que un neno ou nena que sufren bullying insulta ou agrede a outr@ mais pequeño ou indefenso que este e afecta o benestar social.
(correcto pero a oración sería un neno ou nena que fai bullying... non que sufre bullying, que sufre bullying é o indefenso que falas na frase)

Os xermes patóxenos ademais de enfermidades infecciosas tamén pode producir
a- traumatismos
b- enfermidades hereditarias
c- intoxicacións
d- enfermidades conxénitas
A c) como por exemplo na flora bacteriana debido ao exceso de antibióticos.
(correcto, porque os xermes tamén poden producir toxinas)

Que acción aumenta o contaxio polo aire de enfermidade entre persoas enfermas e sanas
a- o esbirro
b- a tos da persoa sana
c- fumar
A a) porque o esbirro pode diseminar enfermedades mediante o lanzamento de vectores no aire.

Cales destes axentes non é un tipo de axente patóxeno
a- un piollo
b- unha bacteria
c- un protozoo
d- o polen
e- un fungo
A d) porque o polen produce no sistema inmunitario alerxias.
(correcto)

Para desinfectar unha ferida utilizaría
a- calor
b- substancias antisépticas
c- antibióticos
d- anticanceríxenos
e- vitaminas
A b) que permite a loita contra os axentes patóxenos sobre os tecidos vivos.
(correcto)

Sempre que hai un tumor hai cancro
a- si porque é a proliferación de células
b- non porque só producen tumores as células non canceríxenas
c- si porque os tumores sempre se diseminan
d- non porque hai tumores que non se diseminan polo corpo.
A c) porque o tumor crece e invade as estructuras veciñas e pode diseminarse a outros tecidos.
(incorrecta)
A d) pois un tumor que só afecta a unha zona local,é benigno en cambio se se extende polo resto do organismo pasa a ser canceríxeno.

Enfermidades infecciosas:
a-tuberculose
b-hemofilia
c-micose
d- tuberculose e micose
e-hemofilia e micose
f- ningunha
A d) porque ambas se producen por microorganismos patóxenos, protozoos ou fungos parasitos e porque a hemofilia é unha enfermidade hereditaria producida por mutacións en determinados xenes que se transmiten á descendencia.
(hai tres correctas, e só pode haber unha ¿¿¿¿?????)