(volver ao inicio)

Febre hemorráxica do ébola.

Producida pola virus do ébola. Debaixo temos unha imaxe en microscopia electrónica do virus.
external image ebola3.gif
É unha enfermidade descuberta hai poucos anos, realmente os primeiros datos son dunha rexión da Republica Democrática do Congo dos anos 70.
Este virus ten unha distribución moi localizada e hai varios casos de epidemias en poboacións de Africa con mortandades moi elevadas. Tamén se detectou en paises asiáticos a persoas portadoras do virus que non sufrian a enfermidade.
É un virus que parece unha palliña de sorber líquido, moi longo, estreita e retorta. Dentro desta estrutura ten o seu material constituído por ARN.
Contáxiase a través do contacto directo por líquidos coma sangue (nesto lembranos ao contaxio do virus da SIDA) pero tamén pódese contaxiar co contacto coa saliva, suor, orina ou vómitos das persoas enfermas polo que é moi contaxioso.
Pénsase que hai animais que actuan de reservorios do virus e que probablemente sexan morcegos da froita africanos. Tamén os gorilas e outros primates enferman por estes virus e poderían contaxiala a poboacións humanas.
É un virus moi letal xa que case todos os pacientes que se contaxian morren (aproximadamente o 90%) e ao ser tan contaxioso é considerado como perigosísimo.
external image ebola-hemorrhagic-fever.jpg

Cando un enferma faino subitamente con febre moi alta e moita dor, pero o máis característico e que aparecen por todo o corpo erupcións debido a hemorraxias e que no aparato dixestivo van ser moi frecuentes aparecendo sangue pola boca e o recto. Estas múltiples hemorraxias son as causantes da morte do enfermo en poucos días.
Non ten cura é o que se fai controlar no máximo posible as hemorraxias e manter con vida á persoa. A vacina estanna estudando coa dificultade de que non se coñece completamente ao virus e hai moi poucos laboratorios adicados a esto.
Ten o nivel 4 de seguridade que é o máximo de material con risco biolóxico cando se manipula necesitando traxes especiais con mascaras e respiración con osíxeno e moitas medidas de seguridade no laboratorio onde se manipule, duchas múltiples, cuarto de baleiro, de luz ultravioleta, etc...
Con todo, algunhas vacinas elaboradas aplicadas a primates resultaron moi efectivas.
É un virus que se pode reproducir moi facilmente en laboratorio e que sería contaxioso por aerosoles (disolucións de líquidos en aire)

VARICELA
external image varicela-zoster.jpg
A varicela é unha enfermidade moi contaxiosa causada polo virus da varicela-zoster. Polo xeneral é unha enfermidade leve caracterizada por unha erupción cutánea que produce picor e se presenta no rostro no coiro cabelludo e no tronco, con granos e ampollas pequenas
Pode presentarse complicación graves sobre todo os rapaces e os adolescentes, persoas co sistea inmunoloxico débil, estas complicacións incluen infeccións das ampollas na pel, neumonía e inflamación do cerebro
external image Varicela_Aranzales.jpg
O 90% da xente que ten a varicela son nenos menores a 10 anos
A varicela contaxiase direcctamente de persoa a persoa ao tocar os granos ou as ampollas,ou a través da sua saliva ou fluxos nasales
Cando se vai ter a varicela primeiro tense febre cansazo e debilidade e despois aparecen graneos e ampollas
As persoas con varicela son contagiosas un ou dous dias antes da erupción ate que se forma a costra
Despois de ter a varicela unha persoa faise inmune ao seu virus(BAP)

O TIFUS:

O tifus é una enfermidade infecciosa producida polo conxunto de bacterias rickettsia que se amosa na imaxe de abaixo .

external image Rickettsia_typhi.png

Existen dous tipos de tifus: O tifus exantemático e o tifus murino.
Imos falar do tifus murino que é causado pola a rickettsia typhi .

A incubación do tifus pode durar ata tres semanas .Os síntomas do tifus murino son dor abdominal , dor de espalda, erupción cutánea vermella , febre extremadamente alta ( entre 40.5 e 41 graos centígrados) , tos seca ,dor de cabeza , dor articular e muscular ,náuseas e vómitos .

Contaxiase a través da picadura de parásitos como piollos , pulgas , ácaros ou garrapatas infectadas pola bacteria.

Hoxe en día distribúese sobre todo no sur de Estados Unidos particularme en Texas e California e tamén nos países máis probres .Sóese observar no verán e no outono e rara vez é mortal pero ao longo da historia debido ás guerras producíronse brotes de tifus .Por exemplo , durante a segunda guerra mundial difundiuse por Europa , Oceanía e norte de África que matou a miles de persoas nos campos de concentración alemáns.

Para previr esta enfermidade hai que evitar as malas condicións hixiénicas ,o contacto ou convivencia con animais como ratos (na medida do posible) por ser posibles portadores da enfermidade .
Aínda que non é una enfermidade gravemente dañina pode ter complicacións no corazón ,arterias ou no sistema nervioso que da lugar a insuficiencia renal ,cardíaca ou neumonía polo que pode ser mortal se non se trata. Tamén adoita ser mortal nos anciáns cun baixo sistema inmunolóxico.

Diagnostícase mediante probas serológicas (probas que permiten comprobar a presenza de anticorpos no sangue) que poñen en evidencia os anticorpos específicos producidos polo organismo en resposta á infección producida por estas bacterias.
O tratamento consiste na administración de tetraciclinas en forma de comprimidos (vía oral) pero nos casos graves pode asociarse outros tratamentos como terapias .

Estas bacterias son incapaces de multiplicarse se non invaden células doutra especie .Parasitan principlamente piollos,garrapatas,ácaros que transmiten o xermen a animais máis grandes como ratas e ao home por medio da saliva é decir da picadura ou polo depósito dos excrementos sobre a pel .A bacteria penetra no sangue a través de feridas cutáneas .Na imaxe de abaixo amósase unha persoa que sofre este tipo de enfermidade:


external image 260px-Tifusmurino.jpg

(ECR)


SARAMPIÓN


É unha enfermidade infecciosa moi frecunte, especialmente en nenos por causa dun virus. Caracterízase por típicas manchas roxas na pel, así como febre e un estado debilitado. O sarampión normalmente dura de 4-12 días, durante os cales no hay sintomas. As persoas infectadas permanecen contaxiosas desde a aparición dos primeiros síntomas ata o 3-5 día despois da aparición do sarpullido.
Non existe unha terapia específica para o tratamento da enfermidade, sin embargo, si que se pode previr a enfermidade por medio da vacunación.
A tranmisión deste virus ocorre por contacto directo ou por gotiñas procedentes dde alguén enfermo.O virus penetra nas células epiteliais da mucosa das vías respiratorias altas.
external image que-es-el-virus-del-sarampion.jpg
external image sarampion-234x300.jpg (LMR)

TÉTANO


File:Clostridium tetani.jpg
File:Clostridium tetani.jpg

O tétano é unha enfermidade provocada por potentes neutoxinas producidas por unha bacteria que afectan o sistema nervioso e xeneran violentas contacions musculares.
O axente causal é o Clostridium tetani tiene forma de baqueta.A toxina de tétano foi descuberta por Knud Faber en 1899 grazas a isto despois desenvolveuse a vacina.
O Clostridium tetani encontrase nas feces e nos intestinos de animais como o cabalo , o can , as ovellas , ratas e ganado bovino.
A inmunizacion pasiva contra el tétano levouse a cabo de forma masiva por primeira vez duerante a Primeira Guerra Mundial.
O axente patóxeno encontrase no chan , sedimentos mariños, metales oxidados e nas feces de determinados animais.
Introducese no corpo a traves das feridas que teñen contacto con terra contaminada ou por cortes de algun obxecto oxidado como anzois , cuchillas oxidadas e tamén pode ser por mordeduras de cans.
Unha vez no interior do corpo expandese por todo o organismo a través do sangue e da linfa ata chegar o sistema nervioso, multiplicase e segrega substancias tóxicas que atravesan as fibras nerviosas ata chegar o sitema nervioso central afectando as neuronas que provoca parálisis e espasmos musculares.
O tétano podese previr mediante a vacunación. Polo xeral vacunase a unha persoa cando sofre unha ferida ou un pinchazo e non se ten a certeza de que se vacinou.Hai que ter un reforzo na infancia outro na adolescencia e outrona idade adulta.
NO tratamento hai que limpar ben a ferida e eliminar a fonte de toxina e deixar a ferida ao aire libre porque o osixeno mata as bacterias anaerobicas , utilizase o metronidazol en remprazo da penicilina porque esta acaba coa toxina tetánica, etamén se administra inmuglobulina que neutraliza a toxina circulante.
external image Prevenir-el-t%C3%A9tanos.jpeg
Algúns dos síntomas característicos son :
Rixidez dos musculos e espasmos.
Febre e pulso rápido.
Dificultade ao tragar.
Apnea .
Contración do corpo enteiro de tal maneira que se menten encorvado. DCM

Malaria ou paludismo

É unha enfermidade producida polos parásitos de xénero Plasmodium.
Hai varios especies de Plasmodium:
- Plasmodium Falciparum.
- Plasmodium Vivax.
- Plasmodium Malariae.
- Plasmodium Ovale.
- Plasmodium Knowles.
Aquí amósase a foto do Plasmodium Falciparium na sangue humana:
external image Plasmodium.jpg
Prodúcese a partir de diversas especies de mosquitos Anopheles. Só poden as femias alimentarse desta sangue xa que teñen que madurar os ovos.
O mellor que podes prever a malaria é poñendo unha mosquiteira e vacinándote contra ela.
As vacinas para a malaria aínda está en desenrolo, polo que de momento non hai unha vaciana completamente efecaz.
Os primeiros estudos que demostran a posibilidade de vacinas contra a malaria 1967 pola inmunización dos ratóns.
Nun ano pola malaria morren aproximadamente 2-3 millóns de persoas, unha cada 15 segundos aproximadamente. A maior parte destas mortes súfrenas nenos menores de 5 anos e mulleres embarazadas.
Creese que a malaria transmitírona os gorilas occidentais ós humanos.
external image malaria.jpg (ASR)




Herpes Simple

É unha enfermidade infecciosa inframatoria producida polo virus herpes simplex. Aparecen unha serie de vesículas agrupadas a modo de racimo provocando que a zona se inflame. (Non confundir co herpes zóster).

Tipo 1: Afecta aos beizos, a boca, a cara, a parte superior do corpo
Tipo 2: Afecta aos xenitais e parte inferior do corpo

A infección inicial do herpes labial ocorre na infancia debido a unha baixada no sistema inmunolóxico, ao estrés, aos cambios hormonais, a temperaturas extremas o seu contaxio prodúcese ao entrar en contacto con alguén que o sofre por exemplo ao beber da mesma botella ou ao bicarse (pola saliva).

Non existe tratamento que elimine por completo o organismo VHS (Virus de Herpes Simple) xa que unha vez que entra no corpo permanecerá sempre nel de forma inactiva e de vez en cando apareceran brotes que han de ser tratados cun medicamento que reduce a frecuencia, a duración e os danos que causan; a parte de manter a zona infectada o máis limpa posible débese evitar tocar as lesións para que non se contaxien a outra zona e a outras pesoas.
Estímase que o 80% da poboación é portadora do VHS 1. Esta é unha enfermidade a nivel mundial.

Herpes Simple
Herpes Labial

external image foto-de-herpes-labial.jpg

external image 240x168xvirus-herpes.jpg.pagespeed.ic.pPdlM5SpAc.jpg

HRV



A viruela é unha enfermidade infeciosa producida por o virus variola
external image flu.jpg
Comenzou a saberse dela no ano 10.000 aC , cando empezou a afectar ós humanos. É un virus que , historicamente , tuvo moita presenza , matando máis dun 30% da xente que a contraía. Na actualidade , o virus está eliminado e solo quedan duas mostras conxeladas en Rusia e EEUU.Se transmitía mediante contacto y prolongado.
external image Child_with_Smallpox_Bangladesh.jpg

A enfermedade da viruela conta con varias fases:
A fase de incubación : oscila entre 7 e 17 días e a persoa encóntrase ben , non é contaxiosa.
Fase dos síntomas iniciales : atópanse síntomas como fiebre e dor de cabeza.
Primeiras erupcións : Produncense na boa e na lingua , despois na cara e extendense os brazos e as pernas , por ultimo as mans e os pes. A erupción convirtese en abultamentos.
O 5 día de contraer as erupcións,os abultamentos convirtense en pustulas , xeralmente redondas e duras o tacto.
as pustulas comenzan a a formar unha cascarilla e despois unha costra.
Finalmente , as costras comenzan a caer (durante uns seis días) e asta que caia a última costra seguira sendo contaxioso.
SPM



CÓLERA


O cólera é unha enfermidade intestinal aguda, provocada polos serotipos O1 e O139 da bacteria Vibrio Cholerae.

external image Cholera_bacteria_SEM.jpg

Produce diarrea aguda, caracterizada por levar rapidamente á deshidratación.
Unha persoa adquire o cólera cando bebe un líquido ou come un alimento contaminado pola bacteria do cólera.
Durante a epidemia, a principal fonte de contaminación prodúcena xeralmente as persoas infectadas, ainda que non é moi común que se transmita por contacto, polo que un simple contacto casual cun unha persoa infectada, non supón o risco de infectarse.
O máis importante para intervir o cólera é a rehidratación agresiva de líquidos, principalmente de sueros.Tamén se poden tomar antiobióticos, que axudan a disminición da diarrea.
O cólera presentase como unha epidemia en zonas onde hai condicións sanitarias deficientes e onde hai guerras, como por exemplo: Asia, África, o Mediterráneo, e América central e do sur.

external image 20090130131254.jpg

(HMG)

MENINXITE:

A meninxite é unha infección do líquido que rodea a médula espiñal e o cerebro. Se non se tratan rápidamente poden causar danos cerebrais ou a morte. Cáusana virus, bacterias ou intoxicacións por hongos, alimentos...
external image is?vqwgVq_R-NV4cMZ0vFwq3laE-AQJmsYJmXoftwtOiIE&height=341
É unha emfermidade frecuente en nenos e en persoas inmunodeprimidas. Os síntomas máis frecuentes son: dor de cabeza, rixidez da nuca, febre, intolerancia anormal a luz do sol ou aos sons e transtornos da consciencia. Nos nenos soen ser síntomas inespecíficos tales como irritabilidade e somnolencia. A existencia de erupcións na pel pode indicar unha forma particular de meninxite.
O tratamento ten que ser inmediato con antibióticos no caso de infeciós bacterianas ou antivirales no caso de meninxites virales, tamén se pode previr ou curar con vacinas.
A meninxite pode potencialmente causar consecuencias serias de larga duración (xordeira, epilepsias e hipocefalia...). Contaxiase por medio de bacterias, virus,hongos ou outras causas.
external image is?aXpqinidr-_1-1tS17jYKIKlkjHpA7BUjmufa_ZrVew&height=256
(FFV)



MONONUCLEOSIS

Que é?
A mononucleosis é a infección aguda producida polo virus do Epstein Barr. Este virus ten unha distribución xeográfica mundial. O ser humano inféctase na primera infancia ou ao final da adolescencia. O 90% dos adultos tiveron contacto co virus.
external image images?q=tbn:ANd9GcTBOVO6mOnPED5R0NoXGkvxZ9EY2h7mJPp0krjWA2hA9K__4kx44g

Como se produce?
O virus do Epstein Barr transmítese polas secrecións bucais, pola transferencia da saliva durante un bico. Por este motivo a mononucleosis tamén é coñecida como a "enfermidade do bico". Tamén se pode transmitir compartindo cubertos e vasos dunha persoa afectada. A partir da boca, o virus disemínase polo organismo a través da circulación sanguínea. O virus penetra e infecta sobretodo os linfocitos B do sistema inmunitario (son un tipo de glóbulos brancos). A mononucleosis resulta da reacción inflamatoria do corpo frente á infección polo virus.
external image herpes_Epstein_Barr_Virus_gr1.jpg
Síntomas:
Os nenos pequenos presentan poucos ou ningún síntoma e a infección pode pasar desapercibida. Os adolescentes ou adultos xóvenes presentan a mononucleosis coma un cadro florido. Tras un período de incubación de entre 4 e 6 semanas, aparecen os síntomas de fatiga, debilidade, febre (non moi alta), dores musculares, dor de garganta por farinxitis ou inflamación das amígdalas e as adenopatías. As adenopatías ou ganglios inflamados, soen estar localizados no pescozo, son dolorosos e sensibles á palpación. Na metade dos casos pode haber un bazo agrandado (conócese como esplenomegalia).Nun 5 % dos casos aparece un exantema ou erupción na pel dos brazos e tronco. É típico que apareza despois de tomar algún antibiótico da familia das penicilinas, ainda que non se trata dunha reacción alérxica.A febre e a farinxitis soen durar as primeiras dúas semanas. As adenopatías, a fatiga e a esplenomegalia poden prolongarse varias semanas máis.A maior parte de mononucleosis cúranse espontáneamente. As complicaciósn son moi poco frecuentes e consisten, entre outras, en sobreinfección bacteriana da farinxitis ou amigdalitis inicial, hepatitis, rotura do bazo (complicación moi grave ou incluso mortal), meninxitis e algunhas anemias.

Diagnóstico:
O diagnóstico de mononucleosis infecciosa polo virus do Epstein Barr confírmase por análisis de sangue:
- Linfocitos activados: Son linfocitos con unhas alteracións específicas que suxiren infección por este virus.
- Determinación de los anticuerpos heterófilos: Si é positiva, confirma a infección polo virus de Epstein Barr. Pode ser negativa ao principio da infección, entón hai que valorar volver a repetila unhas semanas máis tarde.

Tratamento:
O tratamento é sintomático. É importante o repouso durante as primeras semanas. Non se recomenda o exercicio intenso durante os primeiros tres meses despois da infección, sobretodo si hai esplenomegalia, pois increméntase o riesgo de rotura do bazo. Recoméndase a indixesta de abundantes líquidos para manter unha boa hidratación.Pódense dar antitérmicos si hai febre alta ou analxésicos para aliviar a dor de garganta e a dor dos ganglios do cuello.Os corticoides non están indicados como tratamento sintomático de entrada.Hai que tratar as complicacións específicas individualmente.

Medidas preventivas:
Non é necesario aislar aos pacientes con mononucleosis. É mellor non dar bicos, nin compartir vasos ou cubertos mentras a persoa esté enferma. Non hai vacuna.

De interés:
Un 10% das mononucleosis están producidas por outro virus, o citomegalovirus. O cadro clínico é o mesmo. A única diferencia é que a proba dos anticorpos heterófilos é negativa.

(PFP)


Candidiase


É unha infección causada por calquera das especies do fungo Cándida.


Producese cando se rompe o equilibrio entre o poder patógeno do fungo e os mecanismos normales de defensa do organismo. Esta situación podese dar cando se toman antibióticoa, pois éstes alteran a flora microbiana normal, microorganismos que se encontran por distintas partes do corpo, xa que eliminan as bacterias habituais e os fungos teñen máis sitio para reproducirse.
A cancicicase mucocutánea afecta a mucosa oral ou esofágica, nelas aprecianse placas brancas na mucosa oral, na lingua ou no esófago. Non doen e debaixo pode ter mucosa avermellada que sangra fáilmente.
Na candidiase vulvovaxinal aparece picor, dor e secreción vaxinal, así como lesións de rascado.
Na candidiase da dermite de pañal aparece unha erupción vermella brillante na zona do pañal e aparición de parches avermellados que crecen e mesturanse con outras lesións.

external image thrush_1_030601.jpg


Para minimizar a infección da dermatitis do pañal, é moi importante extremar as medidas de hixiene nas dermatitis de pañal e cambiar frecuentemente os pañales do bebé. Nas persoas obesas, hai que manter a pel limpia e seca, especialmente nas zonas dos plegues donde pode aparecer dermatite e sobreinfección por cándida.
Para minimizar as infeccións de vulvovaxinite por cándida, aparte da hixiene, hai que intentar restrinxir o máximo o uso de antibióticos de amplio espectro nas mulleres propensas.
Nalgúns pacientes inmunodeprimidos podense tomar solucións orales para minimizar o resgo de muguet oral.

O tratamento da candidiase basase no tratamento específico con fármacos que actúan contra os fungos, que se chaman antimicóticos.Existen diferentes fármacos, que se poden asministrar tanto por vía tópica en forma de cremas, pomadas, óvulos o soluciones, por ejemplo por vía sistemática, vía oral ou vía endovenosa.

Nas canciciases mocutáneas soe ser suficiente o tratamento local con preparados tópicos durante uns dias, en determinadas ocasións hai que dar tratamentos orales para solucionar definitivamente a infección

Na candidiase diseminada é preciso o tratamento sistemático que, segín a gravidades e o tipo de antimicótico de elección, requerirá tratamentos orales ou tratamentos endovenosos.
(A.V.S)