(volver á páxina principal)
SEGUNDA actividade.
Unha vez rematada a primeira actividade pasamos a segunda. Cubrimos a táboa de enerxía que tedes no voso documento CALCULO VALORES DIETA. Imos cubrindo as columnas segundo nos pon:
  • COMIDA, poñemos se o alimento toumouse no almorzo, no xantar, na merenda ou na cea
  • ALIMENTO: poñemos os alimentos na orde da dieta de xeito que coincidan os do almorzo todos xuntos, xantar todos xuntos.... Se están na nosa táboa de valores nutricionais nesa orde xa os copiamos así.
  • PESO: poñemos os pesos correspondentes que puxen na táboa de valores nutricionais e que tomei na dieta.
  • CAL: poños os valores de calorías correspondentes aos alimentos que collo da parte da táboa que ten o encabezado verde. (non a laranxa).

Unha vez teño feito isto inserto varias columnas a dereita de CAL para facer sumas parciais:
  • Na primeira das columnas que insertei fago a suma parcial das calorías de almorzo (recorda a fórmula =SUMA(celda na que empeza o intervalo que quero sumar:celda na que remata)), a suma parcial do xantar, da merenda e da cea.
  • Na seguinte columna a suma TOTAL.
  • Na seguinte calculo as porcentaxes de cada suma parcial en relación á suma total. (=celda da suma parcial(sen $)*100/celda da suma total(con $: exemplo se é a fila B23 poño $B$23).

E xa tes rematada a actividade. Se tes algunha dúbida podes poñela na túa páxina do proxecto para contestarcha.


PRIMEIRA actividade de xaneiro:
Descarga as seguintes táboas no teu ordenador.
A primeira delas (tabla nutricion (1).xls) é para que collas os datos nutricionais dos alimentos que tes que poñer na segunda táboa (CALCULO VALORES DIETA.xls) da seguinte maneira:
  • Pon en CALCULO VALORES DIETA.xls os alimentos e a cantidade en gramos na orde que o puxeches na dieta recollida nestes días na túa páxina do proxecto.
  • Utilizando a tabla nutrición.xls busca cada un dos alimentos da túa dieta e copia os valores nutricionais para pegalos nas casillas correspondentes da táboa CALCULO VALORES DIETAS.xls.
  • O lugar onde se copian son as celdas que corresponden cos encabezados en laranxa.
  • Non toques ningún dato dos encabezados en verde pois alí hai fórmulas para calcular os valores nutricionais non en relación a 100 gramos de alimento como está na táboa nutrición, senon segundo a cantidade en gramos que comiches e que apuntaches na columna peso (en amarelo).
  • Unha vez teñas acabado volves gardar a táboa CALCULO VALORES DIETA pero ademais a renomeas engadindo o teu nome (CALCULA VALORES DIETA PEPE RODRÍGUEZ.xls) e a subes á túa páxina do proxecto da seguinte maneira:
  • Vas a túa páxina do proxecto DIETA, daslle a editar e vas a parte final do texto.
  • Premes na icona File, entras no menú de insertar archivos e daslle a Upload Files, elixes a táboa que queres subir.
  • Unha vez subida aparece nunha columna no mesmo menú e tes que premer nela para que cha inserte na páxina.
  • Logo na páxina acordate de darlle a salvar.

Con isto tes acabada a primeira parte do exercicio e a que tes que facer esta fin de semana.
Se tes algunha dúbida pola na propia páxina túa do proxecto.

TABOAS DE VALORES NUTRICIONAIS



TABOAS DIETA REPARTO ENERXÉTICO E NUTRICIONAL


NON SE SUBEN AS VOSAS TÁBOAS NESTA PÁXINA SE NON Á VOSA PÁXINA DO PROXECTO DIETA.
(Manu xa cha cambiei eu).