(volver á páxina inicial)

Traballo de grupo.

Busca en internet a imaxe dalgún tecido e colgaa nesta páxina.
Pon debaixo o tipo de tecido e as súas características indicando cales se poden observar na imaxe.
Exemplo:
Busco en google (imáxes): tecido epitelial
Abro a imaxe que elixo e copio a URL en File imaxe externa e doulle a cargar.
Escribo o nome e características do mesmo. (como son as células, ubicación, capas, función...)
Ao final poño as miñas iniciais en maiúsculas (identificación).
Resultado:

TECIDOS EPITELIAIS:

external image 1019.jpg
Tecido epitelial plano pluriestratíficado.
Este tecido corresponde coa epiderme da pel.
É un tecido que recubre a superficie externa do corpo e como se ve na imaxe está feito de multitude de capas de células (capa = estrato, moitas capas = moitos estratos e por iso chámase pluriestratificado) . As células orixínanse na zona inferior (a que está máis coloreada en azul) e conforme se van diferenciando vanse volvéndo máis planas (por iso o de tecido epitelial plano). As células vánse desprendendo pola parte superior, polo tanto e un tecido en continua renovación (fórmase pola súa zona inferior e vaise eliminando pola superior durante toda a vida). As células conforme se van diferenciando vanse enchendo de queratina e cando están totalmente cheas morren. Por iso as últimas capas da epiderme (as superiores na foto) están feita de células mortas. Vese ben que nas capas de abaixo hai multitude de núcleos (célula vivas e en división e diferenciación) e nas de arriba en case todas falta o núcleo porque desapareceu debido a morte da célula. Estas células mortas superiores descámanse continuamente e son substituidas por outras máis novas. (MVD)


external image tecido_epitelial_revestimen.jpg
TECIDO EPITELIAL:
Este tecido está formado por células unidas fortamente, polo que carece de vasos sanguíneos. A súa nutrición realízase dende o tecido conxuntivo, pola membrana basal.Hai dous tipos de tecidos epiteliais: de revestimento e glandulares.
Os epitelios de revestimento tapizan as superficies externas e internas do corpo; relizan as funcións de protección, absorción de nutrientes ou recepción de estímulos.Existen dous tipos principais de tecidos epiteliais de revestimento:
Epitelios de revestimento simple: ( unha capa de células).
Epitelios de revestimento estratificados: (varias capas de células).
Os epitelios de revestimento glandulares especializados na secreción de substancias ao exterior da célulña; atópanse formando glándulas e son de tres tipos:

Endócrinas:Segregan hormonas (hipófise).
Exócrinas: Liberan os seus produtos ao exterior do corpo (glándulas da parede intestinal).
Mixtas: Presentan os dous tipos de secreción, endócrina e exócrina (páncreas).
(NCD)



TECIDO EPITELIAL:
external image DSCN35064+.JPG

Tecido epitelial: A superficie exterior do corpo e as cavidades corporais internas dos animais son recubertas por este tecido. O tecido epitelial desempeña varias funcións no organismo, como a protección do corpo (pel), absorción de sustancias útiles (epitelio do intestino) e percepción de sensacións (pel), dependendo do órgano onde se localizan. Os tecidos epiteliais ou epitélios teñen células perfectamente postas, unidas por unha pequena cantidade de material cimentante, con pouquísimo espazo intercelular. Os epitélios non son vascularizados e non sangran cando hai feridas. A nutrición das células faise por difusión a partir dos capilares existentes noutro tecido, o conxuntivo, adxacente ao epitelio a el conectados. O arranxo das células epiteliais podese comparar ao de baldosas ou ladrillos ben encaixados. Os epitélios poden clasificarse en canto ao número de células :
- Cando os epitélios son formados por unha soa capa de células, son chamados de epitélios simple ou uniestratificados.
- Xa os epitélios formados por máis dunha capa de células chámanse estratificados .
- Existen aínda epitélios que formados por unha única capa celular, teñen células de diferentes alturas, o que dá a impresión de seren estratificados. Por iso, eles adoitan ser denominados pseudo-estratificados .
En canto á forma das células, os epitélios poden clasificarse en:
- Pavimentosos, cando as células son achatadas como ladrillos.
- Cúbicos, cando as células ten forma de cubo.
- Prismáticos , cando as células son alongadas, en forma de columna.
O epitelio que reviste a vexiga, a forma das células é orixinalmente cúbica, pero fanse achatadas cando sometidas ao estiramento causado pola dilatación do órgano. Por iso, este tipo de epitelio é denominado por algúns autores, epitelio de transición. Os tecidos epiteliais, tamén chamados epitélios, son clasificados en dous tipos principais: epitélios de revestimento e epitélios glandulares . (PFP)

TECIDOS MUSCULARES:


external image 104_0406.jpg
Tecido muscular esquelético:
É o tecido muscular que forma a maior parte da musculatura do corpo dos vertebrados que permite os nosos movementos voluntarios , formando o que se chama popularmente a carne. Esa musculatura está suxeita aos ósos mediante tecidos conxuntivos chamados tendóns e recobre totalmente o esqueleto , de ahí o nome.
Está formado por longas fibras ( que poden chegar a medir 50 cm) , cada unha delas é unha célula formada por moitos núcleos , como se amosa na foto , chamado miócitos multinucleados.
Este tecido non ten centríolos xa que non ten capacidade proliferativa ( de multiplicarse abundantemente), o único que pode facer ante unha lesión é cicatrizar grazas ao tecido conetivo que constitúe o endomisio,perimisio e epimisio.
As fibras musculares agrúpanse paralelamente en fascículos e o seu grosor vai depender da actividade muscular.
As contracións deste tipo de músculo permite o movemento dos distintos ósos e cartílagos do esqueleto . Este tecido forma a maior parte da nosa masa corporal . (ECR)

external image 102_0201.jpg
Tecido muscular liso
Está formado por células especializadas na función de contracción , que permite realizar os movementos do corpo. As células que forman o músculo son alongadas e chámanse fibras musculares. A habilidade de contracción das células débese a que dispoñen de miofibrillas.
Este tecido forma as capas musculares das vísceras ocas(estómago , vías respiratorias e paredes das arterias ) .
Estas células só contan [[#|con]] un núcleo , son alongadas e afiadas nos seus extremos. Este tecido caracterízase por ter unha contracción lenta e involuntaria. (SPM)

external image parede-cardiaca.jpg
Tecido muscular estriado cardíaco
Este tecido forma o miocardio que é a capa muscular do corazon.As sua celulas so teñen un nucleo,son pequenas e ramificadas estan unidas entre si por estructuras especializadas : os dicos intercalares que fan de conexion entre todas as celulas do corazon.
Estas celulas son capces de auto-estimularse non depende do estimulo nervioso [[#|para]] contraerse.As contracions ritmicas do corazon son xeradas e conducidas por unha rede de celulas musculares cardiacas que se encontra baixo o endocardio tecido que rcobre internamente o corazon.
Tamen son as encargadas de recibir un estimulo e transmitilo a todas as celulas do corazon,o corazon contraese.Esa transmision do estimulo e feita por canais polos que pasan auga e ions entre as celulas. Os discos intercalares posuen estructuras de aderencia entre as celulas que as manten unidas durante o proceso de contraccion da musculatura cardiaca.(DCM).


TECIDOS CONECTIVOS
external image c95CK200.jpg
Tecido conxuntivo laxo
Este tipo de tecido ten distintos tipos de células envolvidas pola matriz intercelular, na que hai diseminadas fibras de elastina.
Caracterizase pola presencia dunha alta poboación de células residentes, xa sexan propias como fibroblastos e adipocitos ou migratorias como macrófagos e células cebadas, separadas pola matriz extracelular formada por fibras coláxenas e elásticas, dispostas nunha sustancia fundamental bastante fluída.
As fibras coláxenas que predominan están formadas por microfibrillas de coláxeno I asociadas a cantidades de microfibrillas de coláxeno III pero menos abundantes. Estas atribuenlle resistencia a tracción. (AVS)

external image c9-01.jpg

Presenta gran cantidade de fibras de coláxeno, que permiten que o tecido se estire máis e que poda ter máis firmeza. Os fibroblastos son as únicas células presentes e ubícanse entre as fibras formando largas líneas paralelas. Estas células poseen escaso citoplasma e presentan un corpo celular alargado, con núcleos son alargados e de cromatina condensada.
As estructuras formadas por este tecido, están adaptadas para opoñer alta resistencia á tracción exercida na dirección na que se dispoñen as fibras, por exemplo, os tendóns. Este tecido tamén forma ligamentos e en xeneral estructuras que reciben tracción na dirección hacia a cal se orientan as suas fibras colágenas, que se hallan dispostas nunhas forma ordenada, paralela unha á outra, o que proporciona máxima fortaleza. Ademais, este tecido caracterízase pola ausencia casi completa de outros tipos de células (excepto fibroplastos) e pola escasa cantidade de sustancia intercelular amorfa, sendo rica en sustancia intercelular forme, como fibras coláxenas ou elásticas. (LPG)


TECIDO CONXUNTIVO ELÁSTICO

external image elastico.jpg

Ten unha gran cantidade de fibras elásticas que lle permiten estirarse sen romper. Ten unha grande importancia na parede dalgunhas arterias. (AMP)

TECIDO COXUNTIVO DENSOexternal image modelado1.jpgEste tecido presenta gran cantidade de fibras de coláxeno que lle confiren unha grande resistencia á estirada.Forma os tendóns e os ligamentos.(FSC)

TECIDO CONXUNTIVO DENSO
external image fig3.jpg

O tecido conxuntivo localízase ocupando espazos entre tecidos.Hai varios tipos de tecidos conxuntivos como o laxo, o denso, o elástico e o tecido adiposo.Na imaxe superior está representado o tecido conxuntivo, cuxas características son as seguintes:Presenta unha gran cantidade de fibras de coláxeno que lle aportan unha gran resistencia á estirada.Este tecido é o encargado de formar os tendóns e os ligamentos.Adamáis está composto or tres tipos de células:fibrocitos, fibroblastos e macrófonos.(HMG)


external image Yellow_adipose_tissue_in_paraffin_section_-_lipids_washed_out.jpg
Tecido conxuntivo adiposo
·Esta formado por adipocitos, que son células especializadas no almacén de lípidos de reserva.
·Este tecido constitúe o panículo adiposo, que é unha capa situada baixo a pel, cuxa función é de reserva de enerxía e de protección contra o frío.
·O citosol e o núcleo quedan reducidos a unha pequena área cerca da membrana. O reto está ocupado por unha gran gota de graxa.
·O tecido adiposo está dividido por finas trábeculas de tecido fascicular en lóbulos.
-Tipos de tecidos adiposos:
·Tecido adiposo blanco (o unilocular).
·Tecido adiposo marrón, grasa parda (o multilocular). (LMR)


external image cart-hial-resp-12a1%5B1%5D.jpg
Tecido cartilaxinoso
-Está formado por unhas células chamadas condrócitos. Estas células están desenvolvidas por unha matriz sólida na que non hai vasos sanguíneos.
A nutrición destas realizase no tecido conxuntivo que envolve a cartilaxe, este chámase pericondrio.
-Tipos de cartilaxe:
1) Cartilaxe hialina:é a mais abondosa. Na súa membrana intercelular hai algunhas que outras fibras de coláxeno. Forma a cartilaxe das vías respiratorias e recobre os extremos dos ósos das articulacións.
2) Cartilaxe fibrosa: ten moitas fibras de coláxeno que lle aportan unha gran resistencia. Forma os meniscos do xeonllo e os discos intervertebrais
3) Cartilaxe elástica: ten moitas fubras elásticas, ademais das de coláxeno. Está na orella e na epiglote. (BAP)



external image os+esponjoso.jpgbone.jpg
TEXIDO OSEO:
O texido óseo é un tipo especializado do texido conectivo. Fórmano catro tipos de célulasas chamadas osteoblastos, que son responsables da formación da matriz ósea, polo que se atopan nas zonas de crecemento do óso.As osteocitos son as células principais do óso situadas nas chamadas lagoas óseas do interior da matriz as osteoproxenitoras son células coa capacidade de dividirse e diferenciarse. e os osteoclastos son células de gran tamaño que se encontran en pequenas cavidades do óso que teñen como función a reabsorcion do oso. Hai dou tiposde texido óseo : - compacto[ forma a parte externa moi dura dos ósos]
-esponxoso[óso trabecular das epífises e capa máis interna das diáfises.]
(ASC)

TECIDO ÓSEO COMPACTO

external image 102_0273.jpg
O tecido óseo ten unha matriz sólida e dura.Nela deposítanse sales de calcio.Esta matriz é a parte predominante do tecido óseo e incrústanse fibras de coláxeno.A nutrición das células do tecido óseo faise desde o periósteo,que é o tecido conxuntivo que envolve o óso.
En espazos internos dos ósos localízase a médula ósea vermella,que é un tecido hematopoético.
O tecido óseo compacto presenta a materia mineral organizada nos sistemas de Havers ou osteonas.Cada un destes está formado por unha canle de Havers,ocupado por un vaso sanguíneo.Este tecido localízase na parte externa dos ósos planos e na diáfase dos ósos longos.(AMD)


external image Estructura-del-Hueso.jpg
Tecido óseo compacto:
Presenta a materia mineral organizada nos sistemas de Havers ou osteonas . Cada un destes sistemas está formado por unha canle de Havers, ocupado por un vaso sanguíneo, arredor do cal se dispoñen as células e a materia ósea en forma de láminas concéntricas. Este tecido localízase na parte externa dos ósos planos e da diáfase (parte central) dos ósos longos. (JCG)

external image tecido_osseo.gif
Tecido óseo esponxoso
- Está formado por delgadas trabéculas, que forman o tecido óseo laminal,e nos ocos que hai entre elas está a médula ósea e están rodeadas por células de renecimiento óseo. Localízase no interior dos ósos do cráneo, vértebras, esternón e pelvis e tamén ao final dos ósos largos.
- Ten forma de rede, parecida á dunha esponxa, caracterizada por trabéculas, onde están os osteocitos.
- A súa función e actuar como un "andamio" que provee rixided e soporte na maior parte do óso compacto.
- Este non ten sistemas de Havers como o tecido óseo compacto. (ASR)

TECIDO NERVIOSO

external image 250px-Peripheral_nerve,_cross_section.jpg
Tecido NerviosoEste tecido contén billóns de neuronas (células dotadas da capacidade de recibir estímulos e de xerar impulsos e respostas) e interconexións que forman un complexo sistema de comunicación neuronal. Está estructurado en dúas partes fundamentais: O sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico. O sistema nervioso central está composto pola médula e o encéfalo mentres que o sistema nervioso periférico son os nervios (nervios e glanglios nerviosos) en específico son 12 pares craneais e 31 pares de nervios raquídeos. Na imaxe apreciamos como está todo o tecido perfectamente conectado. (HRV)


external image tejido7.jpg

TECIDO NERVIOSO


Está composto polas neuronas,células altamente especializadas na transmisión de impulsos elécticos e varios tipos de células de apoio
asociadas.

-As Neuronas reciben e procesan a información do medio externo e interno e poden asociarse con receptores e órganos sensoriais específicos para realizar estas funcións: Poseen un só axón o cal envía información desde a célula, un corpo neuronal e varias dendritas que reciben información desde outra neurona.

A unión nerviosa chámase sinápsis na cal a información que chega a través do axón pasa a neurona seguinte a través sa secreción de Neurotransmisores.

-Células de apoio: No sistema nervioso central encontramos a neuroglia, composta por: Oligodendrocitos,(Son células pequenas e activas na formación e mantemento da mielina, substancia importante na rápida propagación do impulso eléctrico),Astrocitos (proporcionan apoio físico e metabólico as neuronas), Microgliocitos (poseen propiedades fagocíticas), Ependimocitos ( Revisten o conduto do sistema nervioso central polo que circula o líquido cefalorraquídeo; No sistema nervioso periférico atopamos: Células de Schwann (proporcionan a vaina de mielina os axóns), Células satélites, (aportan un microambiente para os corpos neuronales nos ganglios nerviosos) (FFV)