(volver ao inicio)

Aquí tedes unha proba da exposición dunha nova cientifica usando as tecnoloxías audiovisuais, a información e aplicacións na rede e o traballo colaborativo.
Lembrade que é unha proba para que vexades de maneira aproximada cales son os obxectivos, pero hai que mellorar moitos aspectos. O que sí é importante é levar os contidos ben entendidos e cales son os aspectos máis importantes da mensaxe científica que queredes transmitir, e neste vídeo ainda non se pasou por ese análise, pois simplemente se realizou para que vírades un resultado e collérades unha idea do que hai que realizar.

O esquema e o papel que se desenvolve polo alumnado e o profesor no traballo resúmese neste esquema.
esquema.jpg
As áreas dos círculos, laranxa e azul, son proporcionais ao traballo que realiza cada parte nas diferentes tareas. Así no primeiro proceso o alumno ten liberdade para seleccionar a nova científica que queira, sempre nos criterios que o profesor lle indique, por iso a superficie do círculo laranxa (alumno) é maior que a do profesorado, azul, pois quen leva case toda a responsabilidade nesa tarea é o alumno e o profesor simplemente aconsella e establece a súa validez.
O que se trata é de que o círculo laranxa sexa en todos os procesos o da maior superficie. Nalgúnhas tarefas este obxectivo se acadará con maior rapidez que en outras debido a necesidade de coñecer determinados procedementos no desenvolvemento destas.